Digna Rodríguez é a coordinadora de Enfermaría do SAP de Vimianzo desde 2022. A súa traxectoria no SERGAS transcorre sobre todo na Atención Primaria, ata 2012 vinculada a Área Sanitaria de Pontevedra e a partir de 2013, á Área da Coruña-Cee. Experiencia máis que suficiente para botar con ela un repaso ao día a día do centro de Vimianzo e á situación da Enfermaría Comunitaria.
Coa coordinadora do centro vimiancés continuamos o ciclo de entrevistas que iniciamos o ano pasado e que continuamos en 2025 coas responsables de Enfermaría dos centros galardoados pola Xunta nos Premios dos Plans Locais de Saúde. Podes ler as anteriores entrevistas nestes enlances: As Pontes, Ribeira, A Estrada, Fontenla Maristany de Ferrol e A Laracha.




