A enfermaría incide na educación sanitaria para actuar sobre os factores de risco do ictus, unha das principais causas de morte e discapacidade

Once millóns de españois sufrirán un ictus ao longo das súas vidas. Só seis millóns serán quen de recoñecer os seus síntomas. O 29 de outubro conmemórase o Día Mundial do Ictus para crear conciencia sobre unha enfermidade cerebrovascular que en España é unha das principais causas de morte (segunda en mulleres e terceira en ambos sexos) e discapacidade (máis de 360.000 persoas teñen recoñecida unha discapacidade por padecer un ictus). O ano pasado faleceron 24.000 persoas debido a un ictus.

Desde a unidade de neuroloxía do hospital Arquitecto Marcide, as enfermeiras dirixidas pola supervisora María Eulalia Pena Núñez, sinalan os tres sinais que nos fan sospeitar de que pode haber algún problema. “Os tres síntomas típicos son os coñecidos como os 3F:

-Fala: dificultade para dicir correctamente palabras simples.

-Faciana: non mostra os dentes ao sorrir.

-Forza: non pode elevar os brazos á mesma altura máis de 10 segundos.

Os pacientes son persoas con varios factores de risco como son: HTA, dislipemia, diabetes, obesidade, hábitos tóxicos (tabaquismo, sedentarismo, abuso alcohol) ou persoas cardiópatas con antecedentes de cardiopatía isquémica, FA…”.

A enfermaría incide na educación sanitaria “para para actuar sobre os factores de risco como a dieta saudable, o control de cifras TA e glicemias, suplir ou colaborar no autocuidado. Realizamos indicacións sobre a alimentación (texturas para evitar atragantamentos, posición axeitada, ensinanza de coidados das diferentes sondas se fora o caso (PEG, SNG... ), a hixiene e prevención de lesións e a mobilización. Consideramos moi importante o inicio precoz, a constancia da rehabilitación para a mellora da mobilidade e o traballo dos logopedas para mellorar a afectación verbal que tanto lles preocupa a estas persoas”.

Segundo datos da SEN (Sociedade Española de Neuroloxía), cada ano prodúcense no noso país entre 110.000 e 120.000 novos casos. “Vemos que si aumentaron os casos, e tamén en persoas de menor idade, pero tamén que as secuelas en moitos casos non son tan graves dada a concienciación da importancia da atención precoz no caso da aparición dalgún dos tres síntomas mencionados anteriormente e o avance no diagnóstico e o tratamento.”.

Estímase que en menos de 15 anos o número de casos de ictus aumentará un 35 %, entre outros motivos polo envellecemento da poboación, xa que a gran maioría dos casos se dan en maiores de 65 anos. Como nos comentan as enfermeiras de Neuroloxía do hospital Arquitecto Marcide, o ictus non é unha enfermidade exclusiva das persoas maoires. Entre un 10 ou un 15 % de todos os ictus ocorren en menores de 45 anos. Raros son os casos de ictus infantil, pero tamén se poden dar.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves

viernes de 08:00 a 14:30 horas