​O Servizo Galego de Saúde convoca máis de 10.000 persoas á realización das probas de acceso nas categorías de Enfermaría

Fonte: Consellería de Sanidade

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición deste martes, o lugar, a data e os horarios das probas selectivas do Servizo Galego de Saúde para acceder ás prazas de diversas especialidades da categoría de enfermería e de persoal de servizos xerais (PSX). As convocatorias contan cun total 17.145 persoas admitidas.

O Colexio de Enfermaría da Coruña porá a disposición das persoas colexiadas que o desexen un servizo de autobús de balde para asistir ao exame.

O departamento sanitario da Xunta segue a ultimar a organización dunhas probas que se desenvolverán no Recinto Feiral Internacional de Galicia, en Silleda, durante as xornadas do 25 e do 26 de abril, e do 9 de maio. Así, durante a xornada deste martes representantes da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, das Forzas e Corpos de Seguridade, Protección Civil, Autopista Central de Galicia (ACEGA), 061, Cruz Vermella e da Fundación Semana Verde de Galicia, mantiveron unha xuntanza para abordar as tarefas organizativas destes procesos selectivos.

Nestas  probas ofértanse un total de 2.476 prazas. Delas, 1.980 corresponden á categoría de Enfermaría, 128 a Enfermaría familiar e comunitaria, 69 a Enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a), 60 a Enfermaría pediátrica e 3 a Enfermaría do traballo.

Data e horario dos exames

As probas darán comezo o sábado, 25 de abril, ás 9,30 horas coa realización dos exames nas categorías de especialista en Enfermaría obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), con 348 persoas convocadas; e de especialista en Enfermaría pediátrica, con 210 persoas inscritas. Nesta primeira quenda ofértanse un total de 69 e 60 prazas, respectivamente. 

En horario de tarde, e desde as 16,00 horas, terán lugar as probas de acceso ás especialidades de Enfermaría familiar e comunitaria, con 838 aspirantes convocados (128 prazas ofertadas); e de enfermeiro/a especialista en Enfermaría do traballo, con 32 persoas admitidas (3 prazas ofertadas). 

Durante a seguinte fin de semana, o sábado do 9 de maio, o Recinto Feiral Internacional de Galicia acollerá (desde ás 16:00h) a 8.661 opositores da categoría de Enfermaría, na que se ofertarán 1.980 prazas.

Protocolo e medidas organizativas das probas

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas lembra que para acceder ao recinto non se realizará o chamamento dos aspirantes na entrada do pavillón destinado á realización das probas.

Neste senso, a acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que o aspirante poderá obter a través de Fides/expedient-e e que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas. 

Este código QR conterá información da data, hora, lugar, pavillón, porta de acceso e posto do exame que corresponde a cada aspirante, ademais de incluír indicacións xerais a ter contar para o acceso dos aspirantes e no desenvolvemento das probas. 

Todos os aspirantes presentados ás probas selectivas terán dispoñible, a través de Fides/expedient-e, un certificado de asistencia, a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios. 

Aspirantes xestantes e lactación

As aspirantes que desexen exercer o dereito de lactación terán á súa disposición unha sala habilitada para tal fin no exterior do recinto acondicionada con microondas, cambiador, etc. Tamén, se o precisa e solicita poderá realizar a lactación durante a realización dos exercicios.  

As aspirantes que precisen realizar a dita lactación materna durante os tempos dos exames disporán de tempo e lugar acondicionado para a lactancia. Deberán solicitar a súa realización ao enderezo de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , antes do 21 de abril, salvo nos casos de aspirantes que sexan nais mais alá do prazo indicado.  

Neste último caso, así como no caso das profesionais en situación de embarazo, que poidan estar ingresadas o mesmo día do exame e desexen acollerse á realización do exame no centro hospitalario, deberán poñerse en contacto coa dirección de Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. para que lle informen do procedemento.

O Servizo Galego de Saúde habilitou un enderezo electrónico para que as persoas aspirantes poidan dirixir as súas dúbidas ou consultas: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 y de 16:00 a 19:00 horas de lunes a jueves.

viernes de 08:00 a 14:30 horas.