Xornada de humanización da Área Sanitaria de Ferrol

Fonte: Gabinete de Comunicación da Área Sanitaria de Ferrol 

O traballo en equipo nos programas de tratamento asertivo comunitario no ámbito da saúde mental, do que fala o responsable do Servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ferrol, Alberto Durán Rivas; e o programa de desensibilización xinecolóxica do centro dsaúde de As Pontes, que presentan a psicóloga e a terapeuta ocupacional de Aspanaes, Fátima Díaz e Covadonga Fernández, son os protagonistas ferroláns da xornada de Humanización que se celebrou no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

No marco desta xornada, que conta con participantes tanto galegos como de fóra de Galicia, prodúcese un relatorio marco sobre a humanización da asistencia sanitaria, impartido polo experto en responsabilidade e innovación social da Universidade da Coruña, José Caamaño Ponte. A isto engádense tres mesas: unha sobre a xestión e a atención centrada na persoa. Unha segunda sobre os profesionais como axentes da humanización. E, por último, unha que ten como eixe o liderado humanista e que conta coa participación de asociacións de pacientes.

Estiveron na xornada de presentación a subdirectora xeral de humanización e atención ó cidadán do Sergas, Josefina Monteagudo Romero; e a xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Fernanda López Crecente, que coincidiron na necesidade de pór o foco nas persoas, e en incidir en que a humanización ten que ser unha "responsabilidade inculcada no exercicio da nosa profesión". E resumiron que terá en conta catros aspectos fundamentais: unha comunicación efectiva, unha escoita activa, empatía e participación do paciente. Pola sua banda, a presidenta do Comité Científico, a subdirectora de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía da Área ferrolá, Estrella López-Pardo Pardo, subliñou a importancia de todas as persoas que participan nesta xornada, e como dende a xestión "poremos atención para ser aínda máis eficientes", no ámbito da humanización

A persoa no centro das accións e das decisións

Como indican dende o Comité organizador, trátase de abordar a humanización como unha metodoloxía no eido sanitario, de entender a humanización tanto dende a xestión como dende a participación dos propios profesionais. Este encontro abrangue diversos aspectos clave a través dos seus participantes como a humanización da asistencia sanitaria a través dos principios de Responsabilidade Social Corporativa, xa que a aplicación de conceptos que a sustentan podería ser unha ferramenta axeitada para desenvolver un plan de humanizaciónou a inclusión dunha perspectiva de xénero e de edadismo.

Xunto con isto,afóndase tamén na xestión e a atención centradas na persoa, entendendo ao ser humano nas súas dimensións holística, social e espiritualna participación de profesionais como motor, xa que as organizacións deben fomentar a esa participación dos traballadores no deseño de servizos. A creación dun marco ético que contribúa ao pleno desenvolvemento profesional é fundamental para que xurdan iniciativas de humanización, afirman. Un dos elementos transversais que máis inflúen na mellora do proceso asistencial e as relacións interpersoais, entre profesionais e profesional-paciente son as TIC, engaden. Por último consideraron clave tamén incluír neste encontro dedicado á humanización a perspectiva dun liderado humanista, xa que as organizacións sanitarias que desenvolven este liderado humanista colocan ás persoas no centro de todas as accións e decisións.

ETAC, Traballar en equipo polo paciente

Nesta xornada, o responsable do Servizo de Saúde Mental da área sanitaria ferrolá, Alberto Durán, falou do ETAC, Equipo de Tratamento Asertivo Comunitario, que intervén en domicilio e proporciona unha atención a longo prazo a pacientes con esquizofrenia ou trastorno bipolar grave. Destaca este profesional que traballa con eles un quipo "transdisciplinar", e que todos os implicados na atención toman decisións conxuntas, independentemente da achega individual de cada especificidade do rol profesional. "Todos coñecemos a todos os pacientes", afirma.

Puxo algún exemplo, como a adherencia ó tratamento, ou os plans individualizados de tratamento, "xuntos decidimos cales son os obxectivos más importantes a conseguir para o mellor beneficio dese paciente". Outro aspecto que indicou como mostra dese traballo realmente conxunto é a abordaxe das necesidades sociais dese paciente, onde clínicos e terapeutas ou traballadores sociais participan na decisión de cales son os recursos que máis lle benefician. "Trabállase moi de preto co paciente e axudámonos moito uns os outros, compartimos responsabilidade", subliña. Este xeito de traballar supón unha redución do 80% dos ingresos hospitalarios do preto do centenar de pacientes que son atendidos con esta metodoloxía.

En xeral, lembrar que nunha rede de saúde mental comunitaria a Unidade de Saúde Mental adopta unha posición central, sendo os seus profesionais os garantes da continuidade de coidados dos pacientes con enfermidade mental grave. Na área sanitaria ferrolá, a atención estrutúrase basicamente nos dispositivos de Hospitalización, Psicoxeriatría, Atención a adiccións e a Área de Rehabilitación Psicosocial. Dentro deste ámbito de Rehabilitación Psicosocial, cóntase co Hospital de Día Psiquiátrico e co mencionado ETAC, para o seguimento domiciliario. Esta área foi a primeira en Galicia, e os cuartos en España en traballar con esta metodoloxía. Súmase a estes dous dispositivos o Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral para pacientes psicóticos crónicos con importante deterioro.

Habituación consulta Aspanaes

Por outra banda, outro dos proxectos desta área abordados foi o relativo ás mulleres usuarias do Servizo de Atención Residencial Terapéutica de Aspanaes en As Pontes, que participan no proxecto de habituación á consulta xinecolóxica ou desensibilización Xinecolóxica coa matrona do centro de saúde de As Pontes. As persoas con Trastorno do Espectro Autista presentan certas características que lle poden producir rexeite á hora de acudir a unha consulta ou exploración médica, incluso ata a máis básica, facendo que a atención á saúde sexa más complexa, explicaban esta mañá. No caso do ámbito de xinecoloxía, as probas que se realizan son moito máis invasivas que noutras áreas de saúde, por exemplo, a realización dunha ecografía ou toma de mostras para un cultivo.

Por isto, matronas de As Pontes e Aspanaes deseñaron un proxecto de desensibilización xinecolóxica coa fin de aumentar a tolerancia a estas probas médicas, e facilitar o acceso de xeito progresivo a este servizo. O que fixeron foi unhas "aproximacións sucesivas" destas mulleres ás ditas probas, tanto con simulacións no propio centro de Aspanaes como xa nn consulta real da matrona. Este programa respecta o ritmo natural de cada usuaria, expuñan. Fanse avaliacións concretas, contan con fichas específicas e estandarizadas para cumprimentar, e teñen apoio pictórico con cada unha das accións ordinarias que se levarán a cabo na consulta xinecolóxica.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.