Fonte: Consejo General de Enfermería
Galicia suspende en enfermaría escolar ao dispoñer de unha enfermeira por cada 7.759 alumnos en aulas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. No caso de España, a ratio é unha enfermeira por cada 6.685 alumnos, o que mellora un 30 % os datos do ano anterior, cando se contabilizaba unha enfermeira por cada 8.497 alumnos. Así o recollen os datos obtidos polo Observatorio de Enfermería Escolar do Consejo General de Enfermería (CGE), coa colaboración da Asociación Nacional e Internacional de Enfermería Escolar (AMECE), Asociación Científica Española de Enfermería y Salud Escolar (ACEESE) e o Instituto de Investigación Enfermera do CGE.
“Os resultados son mellores que os presentados o ano pasado, pero seguen sendo alarmantes. Estamos moi lonxe das recomendacións dos organismos internacionais: unha enfermeira por cada 750 alumnos e unha por cada 350 nos colexios de educación especial”, resalta Florentino Pérez Raya, presidente do Consejo General de Enfermería. “Non podemos pensar nunha enfermeira como unha profesional que está para atender a alguén que sofre unha ferida no recreo ou ten 39º de febre. Esquezamos esa concepción clásica. Apostemos por falar máis de saúde e menos de enfermidade. As enfermeiras escolares realizan unha tarefa fundamental de educación para a saúde, de promoción de hábitos saudables, detección de conductas de risco, promoción do exercicio, educación sexual… Sabemos que esa aprendizaxe sobre o autocoidado é tan importante como as matemáticas ou as ciencias en idades temperás, que ten unha repercusión positiva a longo prazo. E, por suposto, que si hai unha enfermeira preto, haberá atención de urxencia se fora necesario”, engade.
“Ademáis de que son enfermeiras insuficientes, os datos dalgunhas comunidades só reflicten as que están en centros de educación especial e noutras atopamos que conviven dous modelos de atención que non achegan o mesmo nin cobren as mesmas necesidades detectadas: o da enfermeira asignada nun centro presencial a xornada completa, que é o que reclamamos desde o Consejo General de Enfermería porque achega máis valor, e o da enfermeira referente, que vai desde Atención Primaria a facer educación para a saúde en momentos puntuais, como ocorre en Andalucía, Murcia ou Cataluña. Con este último modelo non se cobren todas as necesidades que ten a comunidade escolar”, expón Guadalupe Fontán, coordinadora do Instituto de Investigación Enfermera do CGE.
Pola súa parte, Natividad López, presidenta de AMECE, critica a falta de vontade política neste asunto. “Cada vez hai máis demanda por parte das familias e un aumento de determinadas enfermidades, incluídas as de saúde mental. Isto non é máis que unha falta de vontade dos responsables a nivel estatal e autonómico para favorecer esta implantación. En países da nosa contorna e noutros continentes, é un perfil profesional regulado e imprescindible”, puntualiza.
Nesta misma liña exprésase Engràcia Soler, presidenta de ACEESE: “Aínda que existe unha demanda por parte do profesorado e das familias, a nivel político non se tomaron medidas para implantar esta figura. A enfermeira xoga un papel importantísimo e é necesaria para garantir o dereito de todos os alumnos ao acceso á educación, porque existen alumnos que por determinadas patoloxías teñen dificultades para asistir sempre".
Segundo a Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria, un 25 % dos menores que acoden a un centro escolar padece unha enfermidade crónica. “De feito, o estudo que realizamos reflicte que as enfermeiras escolares prestan atención sanitaria a alumnos con problemas de saúde crónicos, polo menos, unha vez ao mes. Máis do 70 % das enfermeiras enquisadas recoñoce atender situacións graves como crises respiratorias, hipoglucemias ou crises alérxicas, ademais de realizar atención directa a unha media de 20 alumnos por día, facer seguimiento a crónicos e realizar actividades de promoción para a saúde”, explica Tamara Domingo, enfermeira do Instituto de Investigación Enfermera.
Os directores escolares e os pais e nais de alumnos móstranse altamente satisfeitos coa súa enfermeira escolar. Aínda que esa satisfacción se ve algo reducida naqueles casos en que a enfermeira só acode ao centro para programas de saúde concretos, apoio e determinadas revisións ou cando é chamada polo centro, é dicir, non ten unha relación programada e continua co centro. "O 93,8 % dos directores e o 90,6 % dos responsables de ANPA, recoñecen que é necesaria a figura da enfermeira escolar. Entre as funcións que cren que debería desempeñar, existe un amplo consenso en que deben atender a saúde do alumnado, promover programas de saúde e hixiene e a atención de urxencias”, argumenta Fontán.
Mapa da enfermaría escolar en España