A área sanitaria de Ferrol dá a benvida a 43 novos residentes

A área sanitaria de Ferrol dá a benvida a 43 novos residentes

  • Despediuse tamén ós 31 residentes e ós 14 alumnos de 6º do Grao de Medicina da USC que rematan a súa formación este ano, nun encontro esta mañá no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do CHUF

  • Na Área sanitaria ferrolá, hai na actualidade 25 especialidades acreditadas para a formación de residentes

     

  • Despediuse tamén ós 31 residentes e ós 14 alumnos de 6º do Grao de Medicina da USC que rematan a súa formación este ano, nun encontro esta mañá no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do CHUF

  • Na Área sanitaria ferrolá, hai na actualidade 25 especialidades acreditadas para a formación de residentes

Os e as profesionais da Área Sanitaria de Ferrol deron a benvida esta mañá, nun salón de actos totalmente cheo do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, ós 43novos profesionais que inician a súa formación residente tanto no Complexo como nos distintos centros de saúde ferroláns. Neste mesmo acto, despedíronse ós 31 profesionais que finalizaron a súa formación residente nesta Área Sanitaria; e ós 14alumnos de 6º de Grao de Medicina da Universidade de Santiago que realizaron a súa formación tamén nesta Área. Houbo risas, música e emocións.

Do total dos 43 novos profesionais que escolleron esta área para a súa formación, comezan a formarse 8 residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria; 2 residentes de Enfermaría Obstétrico-xinecolóxica (matrona); de Enfermaría de Saúde Mental. Con respecto a isto, destacar novamente que Ferrol, xunto con Coruña, foi das primeiras áreas de Galicia en acreditar a formación desta especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Ós anos de formación académica dos e das profesionais de Enfermaría, engádense estes dous anos máis de especialización, nos que, afondan en tódolos ámbitos relacionados coa atención sanitaria tanto á muller como no ámbito familiar e comunitario, tendo asignado un titor que seguirá a súa aprendizaxe.

No mesmo acto, despediuse tamén ós 31 profesionais que rematan a súa formaciónForon agradecidos con todos e cada un dos integrantes da Área Sanitaria de Ferrol, pero especialmente cariñosos cos seus compañeiros de traballo "conseguéchedes que esta segunda casa, que é o hospital e o centro de saúde, mereza chamarse casa. Sodes os mellores especialistas que Ferrol pode desexar", afirmaron os representantes dos profesionais que acaban a súa residencia.

Especialidades acreditadae coñecementos adquiridos

A Área Sanitaria de Ferrol conta con acreditación docente dende o ano 1978, sendo das primeras áreas de Galicia en dar pulo a esta faceta formativa; e, coa de Pneumoloxía que se acreditaba este anoson xa un total de 25asespecialidades acreditadas na actualidade: Medicina Familiar e Comunitaria, Traumatoloxía, Cirurxía, Medicina Interna, Pediatría, Psiquiatría, Xinecoloxía, Psicoloxía Clínica, Farmacia Hospitalaria, Análises Clínicas, Uroloxía, Radiodiagnóstico, Oftalmoloxía, Neuroloxía, Dixestivo, Dermatoloxía, Anestesia e Reanimación, Medicina Intensiva, Anatomía Patolóxica, Microbioloxía, e Endocrinoloxía. Ademais, están tamén acreditadas a Enfermaría Obstétrico Xinecolóxica (matronas), a Enfermaría Familiar e Comunitaria, e a Enfermaría de Saúde Mental. Xunto con isto, cóntase con 12 centros de saúde acreditados para a docencia. De xeito global, na actualidade, son 84 os titores e colaboradores docentes nos distintos centros acreditados da Área Sanitaria de Ferrol; e hai un total de 124 profesionais Residentes. 

Os contidos do programa formativo para as e os enfermeiros adecúanse ás necesidades actuais e futuras da atención no ámbito sanitario familiar e comunitario; e facilita os coñecementos necesarios cun amplo programa para adquirir experiencia rotando tanto no centro de saúde, como no hospital en distintas áreas, en Hospital de Día, nas urxencias e incluso na área de benestar social do Concello para familiarizarse coas estruturas sociosanitarias existentes. O primeiro ano de formación destes enfermeiros especialistas é máis técnico, e o segundo ano, é un traballo máis orientado cara ó paciente e ó seu entorno. Ademais esta unidade potencia a formación dos residentes no eido do traballo comunitario, buscando sempre a promoción da saúde, e a participación da comunidade adscrita a cada zona básica de saúde.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes