A Área Sanitaria de Ferrol despide o alumnado de enfermaría que fixo as prácticas nesta área

Fonte: Comunicación da ÁREA SANITARIA DE FERROL do SERGAS

Profesionais da Área Sanitaria de Ferrol desdespediron as 42 alumnas e alumnos do Grao de Enfermaría que desenvolveron as súas prácticas nos centros sanitarios desta Área. Foi no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide, onde estiveron arroupados, ademais de por outros profesionais, polo medio centenar de titores que supervisan a súa formación práctica.

Do total dos 42 alumnos e alumnas, 37 pertencen á Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña; 2 son da Facultade de Enfermaría de Santiago de Compostela; e son alumnado Erasmus. Presidían o acto a directora de Enfermaría, Isabel Campos Pardo; a directora de Soporte da Área Sanitaria de Ferrol, Rocío Vilchez Simó; o presidente da Comisión de Docencia, Ramón López de los Reyes; ea decana da Facultade de Enfermaría, Enma Rodríguez Maseda.

O alumnado do Grao de Enfermaría realiza unha rotación de dous meses no seu terceiro ano de formación; e, no cuarto, xa desenvolve o seu período de practicumdo curso, neste caso 2022-2023, nos centros sanitarios da Área Sanitaria ferrolá, como paso previo á súa saída ó mundo laboral.

Especiais mencións os titores

Todas as persoas que interviñeron tiveron palabras especiais e de agradecemento para os titores. A supervisora de docencia de Enfermaría, Marisa Fraga Sampedro, dixo que "o punto forte desta Área é que os titores acompañan en todo momento da súa formación a este alumnado". Ademais, Rocío Vilchez e Ramón López subliñaron o traballo en equipo das distintas categorías profesionais.

A directora de Enfermaría afirmou que "os pacientes son o para e o por do noso traballo. Hai sempre que velar por eles". Recordoulles que "a formación enfermeira non acaba nunca", e deulles a benvida "á profesión más bonita do mundo". Pola súa banda, a decana deu as grazas tamén ó equipo xestor "por entender e apoiar as necesidades do alumnado" e ós enfermeiros e enfermeiras da Área "pola responsabilidade que supón acompañalos na sua aprendizaxe".

Unha representante do alumnado falou en nome de todos os compañeiros e compañeiras e, de novo, o gran núcleo dos seus agradecementos foron para os titores, cos que compartiron a "parte máis bonita e tamén a máis dura da profesión". Un remate especial para a intervención do propio alumnado: "Grazas, futuros compañeiros".


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes