810 enfermeras ofrécense para cubrir centros de saúde e as gardas voluntarias nos PAC

Fonte: Xunta de Galicia

O Consello da Xunta aprobou o novo Plan sanitario de verán para 2026, que conta cunha bolsa de 1.049 profesionais sanitarios voluntarios.

Este plan ten en conta o incremento da mobilidade da poboación durante o verán, a afluencia turística, as condicións ambientais propias desta época e a concentración de eventos e actividades ao aire libre.

A planificación asistencial do verán tamén se fai tendo en conta factores como os menores índices de ocupación hospitalaria nestas datas debido á redución estacional de patoloxías e a correlativa redución de ingresos por enfermidade, ademais das vacacións que lle corresponden ao persoal do Servizo Galego de Saúde.

Neste contexto, os 14 hospitais públicos galegos manterán o 100 % das camas dispoñibles, se así o require a demanda asistencial. Tendo en conta que a porcentaxe de ocupación do pasado ano foi do 71,26 %, o Servizo Galego de Saúde di que disporá do 90,6 % de camas operativas para garantir a calidade asistencial, ao reservar un número case 20 puntos maior ao previsiblemente necesario.

En todo caso, como medida de garantía fronte á posibilidade de situacións excepcionais e imprevisibles, os centros hospitalarios tamén dispoñen de plans de continxencia propios que permiten adoptar medidas de xeito áxil, de ser preciso.

No que respecta á Atención Primaria, a Xunta di que conta cunha bolsa de 239 facultativos e 810 profesionais de Enfermaría para cubrir os centros de saúde ou realizar gardas voluntarias nos puntos de atención continuada (PAC). Ofertarase tamén a opción de prestar servizos temporalmente nun centro de saúde distinto ao do destino do profesional que o solicite, no caso de centros sanitarios que precisen un reforzo prioritario ou teñan especiais necesidades de cobertura. Esta medida tamén estará dispoñible para o persoal doutras comunidades autónomas que acepten prestar servizos nos ditos centros e que xa funcionou en veráns previos. Ademais, o Servizo Galego de Saúde prevé reforzos de persoal puntuais durante festas ou eventos de notable afluencia.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 y 16:00 a 19:00 de lunes a jueves

Viernes de 08:00 a 14:30