Ponse en marcha o primeiro rexistro galego de persoas centenarias co que afrontar os retos da lonxevidade

Fonte: Xunta de Galicia

A posta en marcha por parte da Xunta do Rexistro galego de persoas centenarias, Regace, sitúa Galicia nunha posición de referencia para o estudo da lonxevidade, posibilitando coñecer mellor as claves deste fenómeno e afrontar os retos que presenta, en palabras do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, acompañado da directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, participou na presentación do Rexistro Galego de Persoas Centenarias, proxecto pioneiro en España. Ao acto asistiu tamén o presidente do Colexio de Enfermaría da Coruña, Avelino Castro.

O conselleiro incidiu en que preto de 1.800 persoas de 100 ou máis anos viven en Galicia, o que supón ao redor do 12 % de toda a poboación centenaria de España, un dato que fala da realidade demográfica de Galicia e reflicte unha oportunidade única para aprender, investigar e avanzar.

Tamén puxo en valor Gómez Caamaño que Galicia presenta un dos mellores resultados no que a esperanza de vida se refire: 81,19 anos para os homes e 86,83 para as mulleres,  superando en ambos os casos a media española.

Sanidade preventiva e personalizada

O Regace, ademais de ser un rexistro de datos e unha ferramenta estatística, alíñase coa Estratexia galega de saúde 2030 da Xunta, que aposta por unha sanidade cada vez máis preventiva, personalizada e baseada no coñecemento.

O Regace proporcionará información epidemiolóxica e máis precisa relacionada coas persoas centenarias e identificará factores asociados ao envellecemento saudable para orientar mellor as actuacións preventivas, asistenciais e sociosanitarias.

Xunto ao anterior, contribuirá a que os profesionais sanitarios dispoñan de máis información para ofrecer unha atención centrada nas características e circunstancias das persoas centenarias.

Os datos que ofrecerá o Regace -proseguiu Gómez Caamaño- serán fundamentais para planificar mellor os servizos sanitarios, personalizar a atención e orientar a investigación sobre a lonxevidade.

O conselleiro rematou a súa intervención indicando que a Xunta publicará proximamente a orde que regulará o funcionamento do Regace.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 y 16:00 a 19:00 de lunes a jueves

Viernes de 08:00 a 14:30