Os Plans Locais de Saúde acadan os 121 servizos de Atención Primaria e benefician preto de 2,2 millóns de galegos

Fonte: Gabienete de prensa da Consellería de Sanidade

A Xunta secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, destacou o potencial transformador dos Plans Locais de Saúde, que acadan os 121 servizos de Atención Primaria e que benefician a preto de 2,2 millóns de cidadáns, logo da incorporación de 26 novos plans que benefician a 59 concellos. O obxectivo da Xunta é que estes plans, que xa abranguen ao 85 % da cidadanía, cheguen ao 100 % da poboación o vindeiro ano, reto co que o Goberno galego está plenamente comprometido.

Natalia Lobato, secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, interveu, xunto a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López,  na inauguración do acto de sinatura dos novos Plans Locais de Saúde 2026-2029. O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, foi o encargado de clausurar un evento no que participou o presidente do Colexio, Avelino Castro.

Tal e como detallou a secretaria xeral de Sanidade, os plans teñen a finalidade de achegar a planificación sanitaria aos concellos, permitindo actuar de forma proactiva e integral, anticipando necesidades e permitindo unha maior autonomía nos servizos de atención primaria, á vez que se reforza a orientación comunitaria.

Ao respecto, Natalia Lobato destacou o labor dos equipos de Atención Primaria que asumiron estes plans para mellorar e innovar, ofrecendo unha radiografía precisa da situación sanitaria de cada zona, e facendo que se poidan organizar mellor os recursos para ofrecer unha atención sanitaria de calidade.

A Consellería de Sanidade revisa os indicadores claves dos plans, identificando logros e áreas de mellora. Así, a enquisa de xuño deste ano amosa unha valoración de 4,1 sobre 5 entre os pacientes que xa contan cun plan local de saúde.

Para rematar a súa intervención, a secretaria xeral técnica da Consellería felicitou a todos os servizos de primaria que hoxe asinaron os novos plans, que son unha aposta estratéxica e unha garantía dun modelo sanitario máis sólido e centrado nos pacientes.

Novos plans

Os novos plans que se veñen de incorporar a esta iniciativa da Consellería de Sanidade corresponden, na área sanitaria da Coruña e Cee, aos servizos de atención primaria de Adormideras, Os Rosales, Ventorrillo, Castrillón, Arteixo, Cee e Curtis.

Na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, os plans asinados son os dos servizos de primaria do Corgo, A Fonsagrada, Guntín e A Milagrosa.

Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, os novos plans corresponden aos servizos de Bande, Maceda, A Ponte, Verín e Viana do Bolo.

Na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, os plans son os dos servizos de atención primaria Concepción Arenal (mañá e tarde), ao de Negreira e ao do Milladoiro (Ames). Ademais tamén se asinou a renovación do Plan correspondente ao servizo de atención primaria da Estrada.  

Na área sanitaria de Vigo, os plans corresponde aos servizos de atención primaria de Coia, San Paio de Navia, Rosalía de Castro, Ponteareas e Val Miñor.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes