A Xunta oferta 116 prazas de Enfermaría na convocatoria de formación especializada de 2026

Fonte: Gabinete de Comunicación da Xunta

O Consello da Xunta aprobou a oferta de formación sanitaria especializada para o exercicio 2025-2026 con 676 prazas, 116 de Enfermaría, "a maior oferta de formación sanitaria especializada da historia de Galicia", en palabras do presidente Alfonso Rueda.

A nova convocatoria incrementa o número de profesionais en formación en 19 prazas, tres delas en Enfermaría. Segundo o comunicado de prensa da Xunta, na elaboración da oferta anual de prazas de formación sanitaria especializada o goberno galego "ten en conta as necesidades asistenciais do sistema sanitario e os recursos de que dispón, co obxectivo de planificar o futuro e de ofertar unha formación sanitaria especializada de máxima calidade".

Prazas de Enfermaría ofertadas en Galicia en 2026 (entre parénteses as de 2025)

Para Galicia se convocan 116 plazas, tres más que en la convocatoria anterior. 

  • Familiar y comunitaria 53 (=)
  • Salud mental 21 (=)
  • Obstétrico-Ginecológica 20 (=)
  • Pediátrica 16 (+1)
  • Geriátrica 4 (=)
  • Trabajo 2 (+2)

A Xunta financia integramente a formación de especialistas sanitarios consignando unha partida de 83,5 millóns de euros nos orzamentos de 2025.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes