O persoal de Enfermaría do Plan Galego de Atención Domiciliaria realizou máis de 421.000 servizos a 67.000 pacientes en 2024

Fonte: Consellería de Sanidade

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, inaugurou no Hospital Lucus Augusti as XXVIII Xornadas nacionais e XXI internacionais da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, un encontro no que destacou os máis de 421.000 servizos que este persoal sanitario prestou a 67.000 pacientes durante o ano 2024. O titular da carteira sanitaria da Xunta precisou que o persoal de Enfermaría representa na actualidade un activo de enorme valor que se debe fortalecer, potenciar e coidar e avogou pola súa formación e especialización.

Nesta liña, remarcou o papel dos profesionais de Enfermaría no desenvolvemento do Plan Galego de Atención Domiciliaria, que está a reforzar a asistencia sanitaria nas zonas rurais da nosa comunidade. Gómez Caamaño salientou que o futuro da sanidade pasa por un peso crecente do papel da enfermería.

Segundo apuntou, na actualidade o Servizo Galego de Saúde conta cunha media diaria de máis de 13.000 profesionais de enfermería, unha cifra que, segundo os datos da Xunta, lle permite manterse no rango da ratio nacional de Enfermaría no eido da Atención Especializada (3,8 x 1000 habitantes) e superar nun 5,7 a ratio media referida á Atención Primaria.

O conselleiro de Sanidade lembrou que a última oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde recolle 152 prazas destinadas ás diferentes especialidades de Enfermaría e que os orzamentos do presente ano prevén a creación dun total de 210 pazas -para cumprir co compromiso de redución de xornada-, e outras 178 prazas de estabilización. 

No peche da súa intervención, Gómez Caamaño incidiu en que o Servizo Galego de Saúde está a traballar nun novo Plan de Ordenación de Recursos Humanos para definir, a curto, medio e longo prazo as necesidades de persoal do sistema sanitario público galego.

”Desde a Xunta apostamos por unha maior especialización, formación e investigación en Enfermaría”, concluíu o máximo responsable da Sanidade galega.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes