O Colexio afonda coa Xunta e outros órganos profesionais na actualización dos protocolos fronte á violencia contra o persoal da sanidade pública

Fonte: Consellería de Sanidade

O presidente do Colexio de Enfermaría da Coruña, Avelino Castro, e os membros da Xunta de Goberno do Colexio Juan Pablo García e Carlos Seoane representaron a Enfermería coruñesa na reunión que a consellería de Sanidade mantivo con representantes dos Colexios profesionais médicos, de Enfermaría e de psicoloxía para abordar a actualización dos protocolos fronte ás agresións, no marco da constitución do terceiro grupo de traballo para revisar os protocolos fronte á violencia externa no Servizo Galego de Saúde.

Na xuntanza, os integrantes dos Colexios valoraron positivamente a medida prevista pola Consellería de Sanidade de crear un Rexistro galego único de actos de violencia externa no ámbito sanitario. Desta forma, a explotación dos datos do rexistro permitirá unha análise máis profunda da situación global e permitirá actuacións preventivas máis eficaces.

Igualmente, houbo consenso na necesidade de adoptar medidas de prevención e, neste sentido, Xunta e representantes dos colexios profesionais coinciden na importancia de reforzar a información que se proporciona tanto ao persoal como aos pacientes.

Así mesmo, a Consellería informou da modificación da Lei de Saúde de Galicia na que a Xunta está a traballar para elevar ao máximo nivel a protección do persoal da sanidade pública e recibíronse achegas por parte dos Colexios profesionais para a revisión normativa e tamén a actualización dos protocolos das áreas sanitarias. 

Na reunión, trasladóuselles tamén a colaboración que manterá a Consellería de Sanidade cos coordinadores de violencia de cada Área Sanitaria e coa figura do Interlocutor Policial Sanitario. O obxectivo é que, ante unha situación de agresión, a persoa afectada dispoña de acompañamento integral, con información, asesoramento xurídico e psicolóxico se o precisa.

Na reunión participaron tamén a secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato; a directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Mar Pousa; Mercedes Ferreira, en representación do Colexio Médico da Coruña; Juan José López, do Colexio Médico de Lugo; José Manuel Bendaña, do Colexio Médico de Ourense; Eva Gómez, do Colexio de Enfermería de Lugo; José David Vázquez, do Colexio de Enfermaría de Ourense; Isabel Coejo, do Colexio de Enfermaría de Pontevedra; e José Berdullas, do Colexio de Psicoloxía de Galicia. 


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes