A Área Sanitaria da Coruña e Cee anuncia as medidas de aplicación inmediata fronte a situacións violentas

Fonte: Gabinete de Comunicación da Área Sanitaria da Coruña e Cee

Na reunión, a comisión de Centro e os Xefes de Servizo de Urxencias, Saúde Mental e Orde interno e seguridade, puxéronse en coñecemento dez medidas de aplicación inmediata fronte a situacións violentas e agresións que se poidan producir nos distintos departamentos do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e outros dispositivos asistenciais da área.

Na mesma, tamén se concretou a procura de solución ás necesidades de dotación de recursos en saúde mental. Tendo en conta as suxestións recibidas, a Xerencia desenvolveu e preparou 10 medidas: 

  • Incrementar os efectivos de  seguridade e revisar os protocolos existentes, sempre asesorados polos expertos na materia e buscando tamén referencias noutros hospitais.
  • A revisión e actualización por parte dos profesionais especialistas na materia, tendo en conta as suxestións que se fixeron na propia reunión, dos protocolos clínico-asistenciais a pacientes potencialmente agresivos.
  • Seguir traballando no proceso de  análise causa-raíz, xa iniciado, do evento sucedido a semana pasada.
  • A posta a disposición de apoio psicolóxico a través do servizo de saúde mental da Área, non só para as persoas que sufrisen agresións verbais ou físicas, senón aquelas que teñan temor ou lles xurdan dúbidas sobre calquera tema relacionado con este asunto, e o correspondente asesoramento legal relacionado coas agresións ou a violencia en xeral na contorna sanitaria.
  • A extensión do botón do pánico en todas as áreas do hospital nas que sexa posible.
  • Levar a cabo esta mesma semana unha reunión coa Fiscalía Xeral de Galicia na procura de colaboración e medidas que axuden a paliar este problema.
  • A posta en funcionamento dunha nova unidade de ingreso hospitalaria de saúde mental, coa que se incrementan o número de camas nun 40 %, así como o persoal facultativo e sanitario preciso para atender a estes pacientes.
  • Incremento da derivación a outras áreas sanitarias dos doentes que precisen ingreso, mentres non se dispoña de camas suficientes para atender a estes pacientes.
  • Incremento da derivación, previa reserva de camas, a centros concertados adicados a atención a estes doentes dentro da nosa comunidade autónoma.
  • Iniciar as actividades formativas xa propostas e solicitar a relación de actividades detectadas aos responsables dos servizos e supervisións de Enfermaría e dendea dirección dirixir e supervisar que leven a cabo ademais de organizalas e financialas.

Na reunión participaron, o xerente Luis Verde, o director de recursos humanos Javier Fernández, o director de Enfermaría Enrique González, o xefe do servizo de urxencias José Manuel Fandiño, a xefa do servizo de psiquiatría Sonia Gómez, a subdirectora de calidade, Mar Vázquez e os membros da comisión de centro que preside Maria Formoso.

 


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes