O novo conselleiro de Sanidade reafirma o compromiso coa calidade e o coidado dos pacientes

Fonte: Gabinete de Prensa do Servizo Galego de Saúde

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, transmitiu a súa “ilusión” no seu acto de presentación desta mañá no edificio administrativo do Sergas despois de ter tomado posesión como membro do Goberno galego.

“Estarei aberto a escoitar a quen queira aportar no meu compromiso cunha sanidade pública de calidade”, trasladou Caamaño ante persoal da Consellería, os xerentes das sete áreas sanitarias do Sergas, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, presidentes de colexios profesionais, o director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o seu predecesor no cargo, Julio García Comesaña, entre outras autoridades.

“Veño do ámbito asistencial e quero poñer o paciente no centro do sistema. E para coidar os pacientes hai que coidar tamén a quen coida ao paciente”, sinalou o conselleiro de Sanidade antes de referirse aos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

Por último, Antonio Gómez Caamaño agradeceu o traballo do seu antecesor e  insistiu na motivación coa que toma a responsabilidade da Consellería de Sanidade: “Podemos mellorar. E se podemos, debemos mellorar”. 

Ao acto asistiu a presidenta do Colexio Oficial de Enfermería da Coruña, Inés López Carral.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes