O Servizo Galego de Saúde ofertará 20 prazas de formación sanitaria en Enfermería de Saúde Mental e todas as prazas acreditadas en Enfermería do Traballo, Pediátrica e Xeriátrica

Fonte: Gabinete de Comunicación do Servizo Galego de Saúde
 
O Servizo Galego de Saúde ofertará o maior número de prazas de formación sanitaria da historia de Galicia, cun total de 638, dúas máis co ano pasado, destinadas os profesionais sanitarios con titulación universitaria de Grao/Licenciatura/Diplomatura en Medicina, Farmacia, Enfermería e do ámbito da Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.
 
Durante o exercicio 2023/2024, a Xunta de Galicia continuará a incrementar o número de prazas ofertadas respecto da convocatoria anterior, ao tempo que consolidará a oferta formativa das especialidades MIR vencelladas á Atención Primaria, así como tamén no que atinxe as especialidades do eido da Saúde Mental, segundo indican nunha nota de prensa.
 

En concreto, no caso da Medicina Familiar e Comunitaria, durante as últimas catro convocatorias o Executivo galego ofertou a totalidade das prazas acreditadas, rexistrándose un incremento significativo no seu número. Neste senso, se na convocatoria do ano 2006/2007 había un  total de 125 prazas acreditadas e 82 ofertadas (65 %), neste exercicio serán 207 as prazas acreditadas, ofertándose o 100 %.

Así mesmo, no caso das especialidades relacionadas coa Saúde Mental producirase un incremento do 13 % no número de prazas respecto do pasado ano, até acadar un total de 52 prazas. Polo miúdo, serán 17 prazas en Psiquiatría (1 máis que en 2023); 1 en Psiquiatría infantil e da adolescencia, 14 de Psicoloxía clínica (1 máis respecto 2023), e 20 do ámbito da Enfermería especializada en Saúde Mental (4 máis que no anterior exercicio).

A presente oferta será financiada de xeito integro con recursos da Administración galega, o que suporá un investimento anual de 70 millóns de euros, segundo informa a Xunta. Así, na convocatoria 2023/24 tamén se ofertan o 100 % das prazas acreditadas nas especialidades de Cirurxía Oral e Maxilofacial, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Estética e Reparadora, Endocrinoloxía e Nutrición, Xeriatría, Inmunoloxía, Neurocirurxía, Neurofisioloxía Clínica, Oncoloxía Radioterápica; Radiodiagnóstico, Radiofísica Hospitalaria; Enfermería do Traballo, Enfermería Pediátrica e Enfermería Xeriátrica.

Nestes días, as sete áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde están a levar a cabo xornadas de portas abertas co conxunto de novos profesionais residentes.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

8:00 a 14:30 horas de lunes a viernes