Comeza este luns a campaña de vacinación fronte os virus da gripe, a COVID e o sinticial, causante este último da bronquiolite dos máis pequenos. A protección fronte ó sinticial é unha novidade do calendario vacinal infantil en Galicia, primeira no mundo en iniciar este acto preventivo.
Comeza este luns a campaña de vacinación fronte os virus da gripe, a COVID e o sinticial, causante este último da bronquiolite dos máis pequenos. A protección fronte ó sinticial é unha novidade do calendario vacinal infantil en Galicia, primeira no mundo en iniciar este acto preventivo.
Galicia é pioneira na protección aos cativos contra o Virus Respiratorio Sincitial (VRS), que causa bronquiolite e provoca ata un millar de hospitalizacións anuais en Galicia. Así, a partir do 25 de setembro, recibirán inmediatamente a dose correspondente todos os recén nados.Vacinaranse no centro hospitalario nas primeiras 24-48 horas de vida.
Ademais, comezará a inmunización daqueles rapaces que fosen prematuros (nados dende o 1 de outubro de 2021) e dos menores de dous anos que sexan considerados de alto risco ao padecer certas patoloxías como, por exemplo, displasia broncopulmonar ou cardiopatías conxénitas. A previsión é inmunizar todos osnenos e nenas que naceran a partir do 1 de abril deste ano.
O virus respiratorio sincitial é un dos responsables da bronquiolite en bebés, unha patoloxía que causa preto de 1.000 hospitalizacións cada ano só en Galicia, o 75% en rapaces de menos dun ano. O obxectivo da inmunización é reducir o número de casos da bronquiolite para evitar complicacións de saúde graves nos cativos e ingresos hospitalarios.
Achegamos un webinar para profesionais sanitarios sobre a importancia de previr o VRS.
https://www.youtube.com/watch?v=iEtFNV5JQMs&list=PLhArxgNG-_GcrkaDw8V9M0EKFYOY3EReD&index=24
Aquí podes consultar o tríptico informativo para pais e nais
Aquí tes un vídeo informativo sobre a inmunización fronte o VRS