Ciclo anual de charlas da Facultade de Enfermería de Ferrol

O vindeiro 24 de setembro, entre as 16:30 e as 17:30 horas, celebrarase unha nova conferencia do ciclo anual da Facultade de Enfermaría de Ferrol. A encargarda de inaugurar as charlas deste ano será María Eva Pérez López, médica oncóloga no CHUAC, quen falará sobre "Xeneralidades do cancro e traballo en colaboración con oncoloxía en persoas con afeccións oncolóxicas".

O ciclo continuará en outubro. O día 7, o presidente da Asociación de diabéticos de Ferrolterra, José Manuel García Romero, impartirá a charla titulada "Diabetes no día a día: ciencia, tecnoloxúa e experiencias de vida". Sete días despois a quenda será para Luis Arantón Areosa, enfermeiro especialista en feridas do Centro de Saúde de Narón. A súa disertación titularase "Atención de úlceras dos membros inferiores no Servizo Galego de Saúde. Programa Úlceras Fóra".

As charlas son de asistencia xeral e pública, previa inscrición en "udcxest": UDC Xest - PERSPECTIVAS ACTUAIS NA SAÚDE


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 y 16:00 a 19:00 de lunes a jueves

Viernes de 08:00 a 14:30