Convocatoria do concurso para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista de saúde mental

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.

 

DOG 132

Co fin de facilitarvos a participación no proceso, destacamos algunhas pautas que vos poden interesar:

Solicitudes de participación:

As persoas participantes no proceso tedes que cubrir a solicitude de participación, no modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos/Concurso de Méritos), e que, logo de formalizada electrónicamente, debedes  asinar e presentar nos lugares e prazo indicados na convocatoria. Podedes optar polo rexistro electrónico da solicitude, precisando para isto un certificado dixital válido (FNMT, DNI electrónico ou Camerfirma). 

  • Documentación que tedes que achegar coa solicitude de participación:

 o   Xustificante de ter aboado as taxas. As persoas exentas ou con bonificación no pagamento de taxas deben acreditar dito dereito.

o   Fotocopia do DNI/NIE/pasaporte 

o   Fotocopia cotexada da titulación esixida (agás que esté validada no Fides).

o   Se accededes pola quenda de discapacidade debedes presentar copia cotexada do recoñecemento de dita condición.

Salvo oposición expresa no formulario electrónico de incrición o órgano convocante procederá a verificar a documentación que acredita os requisitos:

* DNI/NIE
* Certificado de discapacidade emitido por un órgano da Comunidade Autónoma de Galicia
* Condición de demandante de emprego no territorio nacional e de non percibir prestación ou subsidio por desemprego
* Título de familia numerosa na Comunidade Autónoma de Galicia 
  • Prazo: do 13 de xullo ao 31 de xullo de 2023 (ambos incluídos)    

Acreditación de méritos

Os méritos valoraránse con referencia ao día inmediatamente anterior (incluído) ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Deberán estar debidamente rexistrados no Fides/Expedient-e e acreditados documentalmente na forma e prazos que se indican na convocatoria. 

Pago de Taxas (38,02 euros)     

O pagamento das taxas é requisito necesario para que a solicitude sexa aceptada. Debedes ter en conta que está exento do pagamento: as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, así como os membros de familias numerosas da categoría especial. Terán unha bonificación dun 50%: os membros de familia numerosa de categoría xeral e as persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego e as persoas vítimas do terrorismo.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.

 

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.