RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Sistema sanitario público de Galicia, convocados polas resolucións do 2 de xullo e do 21 de agosto de 2025.
As probas darán comezo o sábado, 25 de abril, ás 9,30 horas coa realización dos exames nas categorías de enfermeiro especialista en enfermería obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), con 348 persoas convocadas; e de especialista en enfermería pediátrica, con 210 persoas inscritas. Nesta primeira quenda ofértanse un total de 69 e 60 prazas, respectivamente.
En horario de tarde, e desde as 16,00 horas, terán lugar as probas de acceso ás especialidades de enfermería familiar e comunitaria, con 838 aspirantes convocados (128 prazas ofertadas); e de enfermeiro/a especialista en enfermería do traballo, con 32 persoas admitidas (3 prazas ofertadas).
Durante a seguinte fin de semana, o sábado do 9 de maio, o Recinto Feiral Internacional de Galicia acollerá (desde ás 16:00h) a 8.661 opositores da categoría de enfermería, na que se ofertarán 1.980 prazas.
