RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
RESOLVE:
Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrón/a), enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.
As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.