O Servizo Galego de Saúde publica a oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal sanitario e de xestión e servizos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2024.

As listas, a relación de prazas ofertadas por categoría e os centros nos cales poden existir resultas (prazas libres a raíz do concurso da persoa que ocupaba ese posto) están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado Emprego Público-Concurso de traslados. Ademais, o estado de cada solicitude, ao igual que os destinos ofertados, pode ser consultado pola persoa aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/Expedient-e/Sección de procesos.

Neste concurso de traslados aberto e permanente, correspondente ao ciclo 2024, participaron un total de 4.710 profesionais, resultando admitidos 4.624, é dicir, unha porcentaxe de admitidos dun 98 % sobre a totalidade de participantes. A categoría con maior número de persoas admitidas é a de enfermería, con 1.898 solicitudes, seguida de técnico en coidados auxiliares de enfermería (TCAE) e médico de familia. 

 
DOG 116

Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

08:00 a 14:30 horas los viernes.