RESOLUCIÓN relativa á publicación das puntuacións definitivas e á finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e á finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 15 de marzo de 2022.

Mediante a Resolución do 20 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 27 de outubro) procedeuse á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios, así como das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 15 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 24 de marzo), que foi modificada co fin de ampliar o número de prazas mediante as resolucións do 10 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 17 de xuño) e do 30 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 5, do 9 de xaneiro de 2023).

A base oitava da resolución de convocatoria do proceso dispón que, tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao de devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Se no mesmo período o tribunal, de oficio, apreciase algún erro na confección aritmética da puntuación obtida na fase de oposición por algún/algunha aspirante, poderá proceder á súa corrección.

Finalizado este prazo e de conformidade coa antedita base, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ás puntuacións definitivas obtidas polos/as aspirantes presentados/as en cada un dos exercicios que integran a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 15 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 24 de marzo).

Na relación que se publica figuran aspirantes que teñen accedido á condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeiro/a, logo da finalización dos prazos posesorios establecidos na Resolución do 7 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 216, do 14 de novembro), que non poderán resultar seleccionados no presente proceso ao ter a condición de persoal estatutario fixo na categoría.

Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do referido proceso selectivo. 

Terceiro. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos nas bases 7) e 11) da resolución de convocatoria do proceso.

Consulta aquí o DOG.


Imprimir  

Calle Álvaro Cunqueiro, Nº 7 - 1º

15008 - A Coruña

981 168 033

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.

 

 

 

Calle Romero Donallo, Nº 27 - Entlo.

15706 - Santiago de Compostela

981 598 870

Horario de oficina:

9:00 a 14:00 horas y de 16:00 a 19:00 de lunes a jueves.

                                                                                                                                                                                          08:00 a 14:30 horas los viernes.