ORDE do 29 de decembro de 2023 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.
O Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario, contou co voto a favor das organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT na Comisión Superior de Persoal do 22 de decembro de 2023 e foi asinado polas partes.
O acordo implantaba o sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa como un sistema voluntario e consolidable de carácter ordinario e extraordinario. Así mesmo, este sistema transitorio se configura como unha retribución adicional ao complemento de destino.
Con base nese acordo procedeuse á convocatoria do grao extraordinario I e II mediante o acordo asinado polas partes.