Jump to Navigation


Servizo de atención psicolóxica para colexiados

martes, 31 marzo, 2020

O Colexio Oficial de Enfermería da Coruña, a través dunha colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, pon a disposición de todas as colexiadas e colexiados un dispositivo de apoio psicolóxico especializado para estas difíciles circunstancias que se derivan da emerxencia sanitaria por coronavirus e que afecta notablemente ao noso colectivo.

Por iso, poñemos á túa disposición este servizo ao que podes acceder de forma gratuíta, atendido por profesionais da Psicoloxía para atender as túas necesidades de apoio psicolóxico que permitan diminuír o malestar que poidas estar experimentando debido á situación actual de alarma.

Adxuntamos unhas pautas psicolóxicas de afrontamento e autocoidado que deseñaron desde o COPG especificamente para o colectivo de enfermería.

No enlace podes acceder a un formulario para solicitar a atención psicolóxica no formato e horario da túa mellor conveniencia. Agardamos que este servizo sexa de utilidade para ti. 

E lembra que isto tamén pasará.

 

 



by Dr. Radut.